3/18/2008

19 de marzo día do Seminario

O día de San José era tamén o día do Seminario, día de festa. Moitos tiñan a sorte de poderen saír por Lugo adiante toda a mañá a pedir axudas coma se fose o Domund. E todos tiñan a oportunidade de comer de festa, unha comida que nin se podían imaxinar o resto do ano. E ata houbo un ano en que veu o mesmísimo bispo en persoa?
E por que o día de San José? Aquí conta a historia a Conferencia episcopal...
E este ano como coincide a festa co mércores de Semana Santa seica se trasladou a festa ao pasado día nove... tempos!!!

4 comentarios:

Anónimo dixo...

Pois si que me acordo eu de ir coa hucha pola plaza de España de Lugo e mirar a ver quen collia mais cartos.
José M.

materials dixo...

louis vuitton handbag
louis vuitton handbags
vuitton
louis vuitton bags
louis vuitton bag

Anónimo dixo...

Recordo un grave pecado cometido por min e mais por dous meus compañeiros con motivo destas "peticións": Estivemos todo o día nunha porta da catedral coa célebre huchiña. Non me acordo se eran ou non as mesmas que se usaban para o día do Domun?, ou Domund?, que tiñan a forma da face dun chinito ou dun negrito. Polo medio da tarde abrimos a hucha, roubamos os cartos necesarios e fomos mercar unha botella da viño de misa, que a vendían na mesma catedral para as parroquias. O viño chegounos ben aos tres.

Seminarista dixo...

Pois me parece a min que algo de vocación tiñades que xa vos tiraba o viño de misa, ou non?