5/13/2008

O túnel

Isto é o que queda hoxe daquel túnel que comunicaba os dous seminarios, o Maior e o Menor, está tapeado. Tiñamos que cruzalo cada vez que iamos ao comedor e aos campos do Maior. Cantos castigos houbo por romper as filas ou o silencio obrigado, cantas bromas se fixeron!!! E agora só hai un buraquiño na parede polo que poder axexar. Que quedará debaixo da rúa? algún espírito de seminarista que non acougou? Pois vemos a marca pintada de branco para poder aparcar... neso acabou parte do Seminario nun parking... no Menor e no Maior.

3 comentarios:

Anónimo dixo...

Buraco infame, fatídico e fétido: Acompanhamos as obras: Foi feito para ir comer no seminário maior: a cozinha do menor foi desativada menores tinhamos que que ir comer no maior: uma tortura. Longas e domoradas filas: As vezes espera nelas para que os maiores deixassem livres o comedor: Ideia de don Daniel Sarandeses ou do Bispo Oña ?
TUNEL fétido, com cheiro de esgoto, não conseguiram tirar o mau cheiro das canos do esgoto. Quando voltava-mos aos passar por ali davam ansias de vómito
jesus v pereira

googler dixo...

miu miu bag
miu miu bags
miu miu handbag
miu miu purse
miu miu wallet

Anónimo dixo...

E el non había aquí de seguido uns retretes neste corredor?... ou é algún pesadelo meu?! Sexa sono ou realidade, eu lémbroos. Sempre cheos de merda e de pintadas feitas con ela -no sentido literal- Non os limpaban nunca. O máis noxento - é iso que había competencia- que recordo do Seminario.