9/08/2008

Pegerto

Curioso nome este de Pegerto. No noso curso o Pegerto estivo ata COU, despois en vez de aliviar as penas das almas... dedícase a aliviar en Chantada as penas dos corpos con moita dedicación e agradecemento da xente. Tamén era don Pegerto o Mordomo do Seminario. Este nome vén do sur da provincia, alá en Buciños-Carballedo, onde está o santo. En 1830 o Papa Pío VIII outórgalle a un bispo da zona o corpo do mártir San Pegerto (cinzas) topado nas catacumbas de San Calisto de Roma e un vaso con Sangue e a Lápida de pedra do sartego que ten gravado "PEGERTVUS ". E o 9 de setembro todos os anos se celebra en Buciños o san Pegerto, ao que acudían romeiros da contorna, moitos xa pasaban a noite anterior alí porque viñan da Virxe do Faro, que ó o día 8. Este santo era moi avogoso para os mozos que entraban en quintas.
E resulta que na zona moitos meniños levaban o nome de Pegerto (que moita xente pronunciaba Peguerto, e en galego seica debía ser Pexerto). Fóra da contorna o nome é descoñecido e o normal é confundilo cun apelido. Pero antes de chegarmos nós houbo no Seminario durante moitos anos un padre espiritual que formou a xeracións de curas e que se chamaba don Pegerto... e logo algúns curas foron espallando o nome polas parroquias da diocese.

6 comentarios:

jesus v pereira dixo...

Eta os dons Pegertos: O velho: bonachao que parecia Joâo XXII, o Pegerto, seu sobrinho, bom de canto e de inteligencia, mas sempre tenso como um estilingue e Pegertinho, irmão do anterior, boa praça, inteligente e não tão tenso como o irmão: bom amigo: Onde andará? Será cônego? Será vigário (parroco) de Bucinhos? Estar cuidando de algum convento de monjas? Quem sabe?
jesus v pereira

Seminarista dixo...

Non sei moito ou case nada deses Pegertos. O que é hoxe cura de Buciños tamén é Peguerto, do Rañadoiro, e debe apelidarse Torres, bo home. Un sobriño seu tamén é Peguerto e foi compañeiro noso, tamén bo rapaz e é un profesional da enfermería moi querido en Chantada.
Mirando na rede vexo moitos Peguertos no Brasil, será que o nome foi de Buciños e arredores para o Brasil?

Anónimo dixo...

Agora que você teve a gentileza de se comunicar comigo te vou contar uma coisa: Como você escreve gostoso em galego. Na verdade, essa tua fina ironia e histórias como um thriller seriam agradáveis em qualquer idioma, ate em magiar. A "estoria" da pedrinha sendo chutada durante os execícios espirituais foi demais. Acho nem James Joyce em "Retrato de um Artista quando Jovem" que descreve entre outras passagens, a sua participação em uns exercícios espirituais num colégio em Dublin poderia observar a história da ºpedinha sendo empurrada com os pés.
Mais informações sobre mim entrar no google: jesus vasquez pereira ou jesus vazques pereira ou ainda jesus vasques pereira ou na grafia (espanhola) certa jesus vazquez pereira

Anónimo dixo...

Ah ia esquecendo, o Pegerto Torres eu conheço. Foi quase colega meu. Bom sujeito. Já deve ter muita dificuldade para caminhar. Posso continuar escrevendo em portugues do Brasil ou vc acha que seria melhor em castelhano ou galego?
j v pereira

Anxo dixo...

1.- Don Pegerto segue levando un montón de parroquias na zona de Chantada onde ademais é arcipreste.
2.- Agradézolle que utilice o portugués do Brasil que me encanta, non sei se xa aplican a nova ortografía unificada, algo diso lin, creo nun xornal. Mellor a que o faga en galego ou castelhano.
3.- Eu utilizo sempre o galego neste blog e na míña (e da miña muller) web www.ogalego.eu (ogalego@galicia.com). (aí ten unha ligazón á TVG para me escoitar)
4.- Desde logo que quedo abraiado e eternamente agradecido cos seus eloxios a este blog, esa comparación con James Joyce é para deixar a un sen sentido, mareado. Cando abrín o blog só tiña a intención de compartir con quen ande pola rede as miñas lembranzas do Seminario. Da arte de contar aprendín do meu pai que era excelente narrador oral; do meu padriño, o finado Anxo González, cura do Incio, que lle daba un xeito especial ás anécdotas; e do meu tío Manolo, e da fraseoloxía de miña nai, e...
4.- Xa andei polo google seguindo as súas indicacións e vin a: História Falada: Memória, Rede e Mudança Social
5.- Saúdos desde a Galiza

maicher dixo...

Although there are differences in content, but I still want you to establish Links, I do not
fashion jewelry