12/22/2008

Vacacións de nadal


Polo día de hoxe (ou onte) acostumabamos a marchar ben contentos para pasar uns días coas nosas familias. Enchiamos os autobuses que partían de Lugo. Xa daquela o señor José Lobelle (hoxe dá nome a un equipo de fútbol sala dos mellores) fretaba un Land Rover para levar a xente da Barrela e arredores. Cando por estas datas algún levaba o colchón era sinal de que fora convidado a deixar o Seminario porque o seu comportamento non era axeitado para conservar a vocación.
O Seminarista en Lugo desde 1966 deséxalles a todos os visitantes deste blogue (teñan ou non que ver co Seminario) que pasen as festas o mellor posible. Polo menos tan ben como o pasou este Seminarista na comida do día 6 tan ben acompañado polo poder espiritual (Padre Doval) e o terreal (Alcalde Taboda).

5 comentarios:

Carlos dixo...

HOLA: Soy Carlos L. GAllego. Yo también os deseo a todos, de corazón unas muy felices fiestas navideñas. Lamento no haber podido asistir a la pasada comida. Espero que el año próximo se presenten mejor las cosas.
Un abrazo a todos.

Xosé Lois dixo...

Un quixera escribir en galego académico, pero nacin en Sarria que era "a capital" e falaban mais fino, menos mal que Louseiro era ou "meu" pobo, a Casa do Ferreiro (Eu son Lois do Ferreiro) a de meus abos, onde pasaba os vraos traballando de labrador como calquer pequeno d'ali. Nos pobos falábase Galego e hoxe boume defendendo.
Hoxe teño ou privilexo de ter unha horta en Madrid con Carballos, algún Nogueiro, Abedus, un Castiñeiro, e alguns arbores máis que trouxen dese meu pobo. Vanse afacendo a iste inferno sen primaveira, como eu, e hata a miña muller (que naceu na rúa Serrano) cando pasa a mula mecánica dí que a terra vaise parecendo a Galiza. Eu sigo pensando que non.
A felicitacion pra todos.

Unha aperta

Xosé Lois

j dixo...

Navegando pelo cyber espaço atopei-me com um Bloge de um seminarista de Lugo (1966) Poucas coisas pude deduzir de sua vida, mas encontrei um tangencionamento com minha história pessoal: Também andei pelos seminários de Lugo, lá pelos anos de 1951-1962: Passei uns anos bem felizes com os jesuítas (Salamanca-Valladolid- Nova Fribrugo-Goiania). Mas acabei saindo e fui trabalhar na cidade de São Paulo: Uma cidade fantástica, gigante, vibrante e com um clima muito aplazível (por ela passa o trópico de capricórnio) e todas as coisas boas que se possam falar de uma cidade. Claro que não perdi o contato com a Galícia, (leio até Encruzullada) com a Europa (fiz doutorado na França). Isto é só para matar saudades. Desde o espigão da av. Paulista desde onde escrevo: Bom ano de 2009
jesus v pereira

Semlugo66 dixo...

Que honor para este blog unha visita desde San Paulo, como vostede mesmo di unha das cidades máis belas do mundo. E obrigadinho por escrebir en brasileiro, ese portuguén cun sutaque que namora. Aínda que vostede xa marchara cando entramos nós, vese que coincidían moitas cousas. Nós tevemos a sorte de vivir un grande cambio que logo, anos despois, seica volveu ser retroceso. Eu e algúns máis chegamos ata COU, botamos alí 7 anos.

technology dixo...

hermes birkin bag
hermes birkin
hermes bag
hermes handbags
gucci handbags