6/16/2011

Poden os curas ser de esquerdas?

Coma outras veces, cedemos a palabra a Pedro J. Rovira que nos mandou esta reflexión:
DEREITAS E ESQUERDAS:
Entereime pola prensa que un cura da provincia de Ourense tivera que renunciar á súa acta de alcalde porque o bispado lle puxera no dilema de ser cura ou ser político.
Obvio o partido político polo que se presentou este cura, pois creo que escribiría o mesmo fose o partido que fose.
Unha cousa teño crara: A xerarquía á que coma católico debo obedecer debe aterse sempre ao que Xesús explicitou de forma crara e rotunda: “A Deus o que é de Deus e ao César o que é do César”.
Pero se nunha parroquia un cura incumpre este principio e desde o púlpito aconsella, case que impón, votar a un partido determinado, ¿por que esa xerarquía non adopta a mesma medida?
A coherencia non é a virtude que por desgraza ten adornado á Igraxa española.
Pero quero, ou polo menos intento, non ser demagogo, pois teño comprobado que a maioría das críticas que se fan neste sentido á nosa Igrexa proceden de xente que non a quere, á que lle gustaría que desaparecese, a lo menos da vida social.
Non é o meu caso. Pero creo que se Xesús se fixese Home neste mundo actual, sería, en teoría, máis de esquerdas que de dereitas. Digo en teoría, porque teño coñecido a moitas, moitas persoas de “dereitas” (entre as que inclúo a miña nai) que intentaron cumprir o mandato evanxélico o mellor que puideron, e a moitas persoas de esquerdas que, fóra a súa adscrición nominal, levaban unha vida que xa quixesen para si moitos das persoas ás que eles tildaban de “fachas”.
En conclusión: Gustaríame ser cristián, dos do Evanxeo, pero iso é tan difícil, que xa hai tempo que renunciei a conseguilo.
O que si pido, suplico e ata esixo, é que dunha puñetera vez, neste país, tan católico e tan extraevanxélico, ninguén nos veña a esgrimir a Cruz como a súa bandeira, a non ser que vexamos nel unha Teresa, un Casáldiga ou un Sobriño, por pór algún exemplo de cristiáns coherentes.

1 comentario:

Vidal dixo...

Os sacerdotes terán que ser da idea que queiran , cando eramos nenos podiamos subir ao altar as nenas non . Se a igrexa di que os pobres de riquezas materiais , non de bens espirituais , teñen dereito a compartir a vida eterna no ceo ; ¿Que idea ten a Igrexa?
¿Como teñen que ser os curas ?