12/24/2012

Poesía de Alvarez Quintana

Fermosa postal poética:



OTRA OPORTUNIDAD

Al otro lado de la noche existe un sueño

donde los niños juegan con hombres de colores:

le soplan en la oreja y se despiertan,


tropiezan con el otro en el espejo,
descubren que la vida no regresa
y ya es tarde para volver a nacer.

Al otro lado de la noche está el vacío,
está la ausencia pendiente de futuro
y los caballos dispuestos al galope.
Está la madrugada entre paréntesis,
con los ojos desiertos y rasgados
esperando la sorpresa de un disparo.

Por eso finalizan los años en Diciembre,
las cigüeñas se duermen en las doce,
los bomberos apagan los relojes,
la policía abriga las sirenas,
los vagabundos olvidan el pasaporte,
los gatos negros sonríen en la sombra
y de los tejados cuelgan desnudos los calendarios.

Al otro lado de la noche existe un sueño
donde los pájaros esparcen los minutos
y las mariposas transportan el polvo de los días.
 Habrá una puerta abierta con la luz dispuesta
y un cuaderno en blanco para nuestros pasos.
 Estarán nuestros nombres en lo alto de cada día,
 a lo lejos el cielo con los brazos abiertos
y el soplo fresco de unos labios nuevos
como el primer día que fuimos al colegio.

24 12 12
JOSE LUIS ALVAREZ QUINTANA

Carta aberta a A José Luis Álvarez Quintana.

Estimado compañeiro:
Aínda que ti ingresaches no Seminario cando eu xa tiña cambiado de aires (cousas da puñeteira idade), o feito de ter compartido un mesmo espazo e unas vivenzas semellantes xustifica esta familariedade que me permito contigo.
Por xentileza do teu compañeiro Anxo publico algunhas parvadas no voso blog, Seminaristas en Lugo dende 1966, pois iso váleme de válvula de escape nos momentos en que o ocio obrigado da xubilación se me fai máis pesado. Acabo de ler o teu poema OTRA OPORTUNIDAD, que me gustou moito. Por iso permitinme a licenza de publicalo no blog da promoción de 1956 (total dez aniños de nada separan a miña promoción da túa!), La Gloriosa del 56 (poderalo localizar en Google).
Aproveito a ocasión para enviarche un cordial saúdo e pedirche que publiques máis cousas das que vaias creando, pois a moitos encantaranos lelas.
Pedro J. Rovira Magariños
 

 
 




12/01/2012

Xantar da promoción de 1966

Hoxe foi un bo día. Fomos chegando a partir das 13:30 e botamos de conversa ata máis alá das 19 h. Un saúdo para os que non puideron vir, que se animen para o ano que vén. O primeiro sábado de decembro de 2013 no mesmo sitio.

11/24/2012

Reunión anual dos do 66: 1 de decembro

Non o esquezades, poñédevos en contacto cos de sempre (ou tamén podedes  mandar un mail a semlugoo66@galicia.com)
O PRIMEIRO SÁBADO DE DECEMBRO, O DÍA 1

10/25/2012

Ribeira de Chantada

O outono era o tempo preferido de Don Ramón Otero Pedrayo "era un serán unha miga outonizo". Grazas a Televinte por esta sinfonía de cores

10/15/2012

Pedro J. Rovira: cousas do San Froilán

COUSAS DO SAN FROILÁN:
 
Con isto da xubilación, a autoestima tende a contaxiarse do estado de ánimo da sociedade nestes momentos, que sofre a grave crise zapateril ou o rescate pepero, segundo a pelaxe da vítima. Pero eu tiven a sorte de ter un amigo que sufriu antes ca min esta crise/rescate e deume a solución:
¡Non hai nada coma un bo polbo para levantar o ánimo e recuperar a autoestima!
Ademais chegoume este radical remedio no momento máis adecuado, pois un irmán meu que vive en Lugo acababa de dicirme que nas casetas de San Froilán botaban polbos do mellorciño que se coñece. E eu sei que diso coñece. Por iso, aproveitando as Festas de Lugo fun aló e dirixinme ás Costas nas que se ubican.
Fronte a unha das casetas había unha fermosa rapaza agochada tras un gran caldeiro e protexida por un parasol moi vistoso. Dirixinme a ela non sen certa vergoña, pois eu para estas cousas sempre fun moi coitado. Pregunteille polo prezo e respondeume moi desenfadada: Depende do tamaño do rabo. Notei que arroibaba, pero díxenlle moi baixiño, para que ninguén me oíra, que nin moi longo nin moi curto. Ela asintiu e preguntoume se brando ou duro. A miña cara debía parecer unha papoula. Contesteille aínda máis baixiño que tiña a esperanza de que estive duro. Mirou para min con cara de incrédula, pero seguiu preguntando: Vostede só, ou vén con alguén máis? Resposteille con voz de ofendido, que dende logo só. Logo cunha probiña chega, dixo moi segura de si. A min o da probiña pareceume pouco, pero por prudencia asentín, porque á miña idade é mellor non arriscar demasiado, non fose ser que non puidese repetir. Son nove euros máis a mesa. Díxenlle que non quería mesa, que prefería de pé. Alá vostede!
Cando crin que xa todo estaba amañado, vin que collía unhas grandes tesoiras e apuntaba hacia abaixo cara a min. Ao ver que aquilo non ía rematar ben, díxenlle que o deixase e agocheime tras uns homes que esperaban o seu turno. Mireinos compasivamente e estiven a piques de lles dicir que non perdesen o tempo, que con aquela rapaza non había modo de entenderse e marchei, nunca mellor dito, co rabo entre as pernas.
Pero xa que estaba alí, aproveitei para ir a ao pulpeiro que estaba máis afastado, para que a condenada rapaza non me vise, e collín unha ración de polbo. Metinme nunha caseta, pedín pan e unha botella de mencía e saín do recinto asubiando, o que non tiña feito nin de neno.
Cousas do San Froilán!

10/07/2012

Pena furada. José Luís Sucasas

O escritor José Luís Sucasas tamén estivo no Seminario de Lugo, outro exseminarista escritor, tamén das terras de Lalín-Agolada. Pena Furada é a súa última novela. Comeza co terremoto de 18.05.1924. Narahío das Hermidas,foi onde máis se sentiu. Os veciños viron chemineas no chan, pendellos esfandangados, paredes abarrigadas… E a casa dos Sualeiriña, que cubría os corpos sen vida de toda a familia. Agás a nena Maia.

9/14/2012

Jaime Delgado

Finou Jaime Delgado, para todos os do noso curso foi moi coñecido. As súas clases de historia eran un referente naqueles tempos. A nova vén no Progreso

9/12/2012

Pange Lingua

Aqueles cantos da Schola Cantorum, ou mesmo de todos os seminaristas na Capela. Grazas á internet poden agora lembrarse sen problemas. Coma esta versión dunhas Mocedades todos con cara de rapaces

8/12/2012

Mujeres con voz propia

O día 10 presentouse en Chantada Mujeres con voz propia de Julia Varela. Alí estaba o noso compañeiro Narciso de Gabriel no centro da mesa, coa autora, con Carmen Blanco e MJ Agra... Eramos ben deles os da zona de Chantada: Torres, Taboada, Carlos, Casal, Guerra, Viana, Eiré, ... Agora tamén o De Gabriel é medio chantadino.

7/26/2012

As rapazas de Xan, Manuel Iglesias Turnes

Para os exseminaristas que naceron na aldea, aquí teñen unha excelente lectura para este agosto de vacacións (tamén para os xubilados sen vacacións). Recréase a vida nas aldeas galegas no tempo que eran mozos nosos pais e nais, alá polos anos de 1950. Como era iso de falarse os mozos e mozas, como estaban vistas as relacións sexuais, o problema dos fillos de solteira, o poder do cura da parroquia. E tamén a emigración, a fame e as necesidades, os traballos do campo. Todo tal e como era daquela. Sen retrónicas formais, todo ben escrito e claro, realista e en ton melodramático. Para ler todo seguido, señores (e señoras)

7/04/2012

Códice Calixtino

Xa nos laiamos neste blog varias veces pola perda e como apareceu estamos contentos coma unhas pascuas, claro que si. Tamén o estará o noso exprofesor Don Xosé Díaz que o tiña moi estudado e traducido. Agora igual fan un convenio a Xunta e o Arcebispado e expoñen o tal libro no Gaiás para que suban as visitas e se xustifique a obra esa. Non quero dar ideas, non! Gañou España e apareceu o Códex... xa non importa que nos baixen os soldos, nos suban as medicinas, o IVE e todo o que queiran. Que vivan o Papa Calixto e Vicente del Bosque!!!!

6/20/2012

Grazas, Quintana

SABER MIRAR
Cuando la noche nos aplaste
cansados de vadear el día.
Cuando la indiferencia nos oprima
y busquemos refugio en el abandono.
Cuando el bullicio nos agobie
y enterremos la cabeza en el vacío.
Cuando la saciedad nos indigeste
y alcemos los brazos al cielo.
Cuando la incuria nos envenene
y renunciemos a la supervivencia;
siempre habrá una penúltima sombra
tras la que se descalce La Belleza.
XL FERREIRO

6/17/2012

Ofrenda antigo Reino de Galicia

Disque é a data da Ofrenda do Antigo Reino de Galicia ao Santísimo Sacramento na Catedral. Lembramos que hai ben anos que fomos á procesión que estaba presidida polo finado Manuel Fraga coa súa chaqueta branca do Movimiento Nacional.
Tamén que nos anos 60 o Xosé Alvilares, o Anxo do Incio e outros curas foron a Lugo o día en que se celebraba a Ofrenda ao Santísimo na Catedral e situáronse diante do Pazo episcopal cando as autoridades ían xantar; eles levaban un garrafón de viño, torresmos e pan. Parece que durante un tempo a garda civil tiña que mandar informes das súas homilías.
Os ex-seminaristas non terán problema en recoñecer a algúns da foto:
 

5/12/2012

Bo proveito

Hoxe en San Clodio organiza Pablo e xantan a promoción de Bernardino González Guerra
Tamén en Lugo xanta a promoción de José González Simón
Que lles aproveite a todos

Última hora: Pablo xa fixo o seu traballo:

5/06/2012

Feliz día da mai

O PÁRROCO.
Un bo día, o párroco dun pobo atopouse indisposto cunhas fortísimas dores abdominais. Dado o grave estado no que se atopaba, trasladárono á residencia, onde foi intervido con urxencia. Mentres o cura estaba durmido polos efectos da anestesia, no cuarto do lado unha nai solteira moza daba a luz un precioso fillo. Desgraciadamente, a nai moza morreu e o equipo medico pensou que facer co neno. Un dos médicos, tras moito cavilar, dixo:
-'Mirade, imos adxudicarllo ao cura, xa que logo, o home daralle unha boa educación'.
Meu dito meu feito, ao espertar o párroco atopouse co bebé no seu colo, asustado preguntou:
-'Pero isto que é?'.
O medico achegouse e díxolle:
-'Mire, esta é a orixe das súas dores de barriga...'.
-'Pero, se isto é imposible' dixo o cura.
O médico respondeulle:
-'Non, home, co que evolucionaron os tempos, agora os homes poden quedar embarazados...'.
O cura quedou pensativo decidindo que facer co neno. E pensou:
-'Bo, cando volva ao pobo, direi que é fillo dunha irmá miña que faleceu e eu fareime cargo de educalo'.
O párroco volveu así ao pobo e contou a súa historia. Non sen algún receo, os habitantes do pobo afixéronse a ver a partir daquel día ao novo veciño que foi bautizado co nome de Xan. Pasaron os anos e o cura fíxose moi vello. Cando Xan contaba 25 anos, o cura enfermo e, no seu leito de morte, dixo:
-'Que veña Xan! !Que veña Xan!'.
O mozo correu á beira do cura:
-'Que quere tío?',
O cura, facendo provisión de valor díxolle:
-'Mira Xan, teño un gran segredo que contarche, e antes de morrer debo dicircho...'.
Xan interrompeu ao párroco e díxolle:
-'Tranquilo tío, non fai falta, desde hai anos xa me imaxinei que en realidade é vostede o meu pai'.
E armándose de valor o cura dille:
-'NON!... Eu son a túa nai...., O teu pai é o Arcebispo de Santo Domingo de la Calzada!

4/22/2012

Vilamor, a película

Andar a botar por Galicia unha película preciosa, Vilamor. Vai sobre unha comuna de hippies que se establece no Courel a mediados dos 70. O personaxe principal é un seminarista. Merece a pena vela.


4/03/2012

Orlando pendurado. Goretti Fariña

Premio de novela curta (só 78 páxs.) Cidade Centenaria de Riveira 2011.
Outra obra protagonizada por un seminarista que acaba de saír e non sabe se volver para crego. A editorial di da novela: A nove metros do chan e a sete do taboleiro onde escorregara dez minutos antes, o operario Orlando Valiñas planeaba na bruma da mañá. Pendurado dun incómodo arnés, que o unía á vida, pensaba en Alexandra, a compañeira que enchera a súa vida nos tres últimos anos. Orlando preguntábase como identificar os sinais que indican o modo de facer correcto na vida, a maneira de atopar o rumbo preciso para avanzar na boa dirección. Durante aquela situación límite, en boa medida froito do tempo de crise que vivimos, cruzáronselle na súa cabeza as decisións principais da súa vida, xusto cando se verá obrigado a tomar outra que orientará o seu futuro. Con Orlando pendurado, un protagonista argallante que principia namorado e remata furioso, a autora quixo trazar un relato entre existencial e costumista, cun resultado entre piadoso e retranqueiro.

4/02/2012

O penalti de Fuco. Alfonso Eiré

Nada menos que o grande Pepe Domingo Castaño no programa futboleiro do domingo na COPE falou do libro do seu amigo Alfonso. 
A novela empeza cun penalti no Bernabeu na final da Copa do Rei entre o Madrid e o Barça. Pero de porteiro do Madrid está o galego Fuco e de árbitro outro galego. E diso van as 187 páxinas do libro, tira o penalti Messi e parará o Fuco? Non o imos dicir que matamos a intriga. O resto do relato son os pensamentos do pai de Fuco (ou do narrador?) que lembra toda a súa vida ata chegar a este momento. El tamén foi porteiro na Lucenza (chantadina?) e no Seminario, e... e como chegou a profesor de Lingua e Literatura é un home moi culto e o libro está cheo de citas de escritores famosos. Paco é o pai, Fuco o fillo, os dous porteiros. Todo é fútbol, todo falar de fútbol, só iso.
Hai moitos nomes recoñecibles para os ex-seminaristas do 66. Pedro é o porteiro titular no Seminario, Quintana adestra en Sarria. E o Guerra é malo malo co balón: Unha vez intentarono co Guerra, pero o Guerra, con máis afección polo pensamento tranquilo e o ensimesmamento que polo xogo da pelota, cando recibía un balón prefiría ou arrearlle unha patada cara a onde fose ou pórse de cu por ver se pegaba nel, pois o seu traseiro ocupaba case a quinta parte daquelas porterías dun campo marcado ao ancho do regulamentario. O Guerra xogaba ao fútbol porque era preceptivo.
E ao tal Paco bótano do Seminario por: non ten vocación, pensa máis en xogar ca en rezar. :D
Así que libro de lectura obrigada para os exseminaristas do 66 de Lugo que viron o Pucheiro xogando de porteiro. Agora veno escribindo diso, que disque sabe moito. E non é nada doado saber de fútbol, non hai máis que ver as acendidas discusións que hai todos os luns en todos os bares e centros de traballo masculinos.
Publicado en Baía Edicións. Eu merqueino e Biblos, onde lles teñen todos os libros galegos.

3/31/2012

Volven tempo ruíns

Di El Mundo que o mellor teólogo español foi condenado polos bispos por crear inquietude nos fieles. Se no o cren léano en El Mundo (En La Voz, máis suave). Ese bo home que é Torres Queiruga, que nunca matou unha mosca condenado e tantos casos de podremia (axuda á corrupción, pederastia) como teñen polo mundo adiante e miran para outro lado. Xa dicía o deus de Curros Enríquez: "Si eu fixen tal mundo, que o demo me leve. (Tamén Curros foi condenado, claro)

Que di o acusado?:

"La Comisión de la Fe me acusa sin la mínima seriedad teológica exigible" VER

3/26/2012

Sotana

Que mellor espantallo nunha igrexa ca unha sotana?

http://www.youtube.com/watch?feature=player_embedded&v=XWeXg_tU5xg

Versos de XL Ferreiro e vídeo pola paz

Fermosos versos enviados por Quintana:

Ellos han torcido las palabras
y nosotros les compramos el miedo.
Ponen precio a nuestra dignidad
y hacen negocio con nuestro desasosiego.

Mañana llamarán a la puerta
y nuestro espanto no será suficiente;
si hoy no ponemos nuestra mano
bajo el último grano de arena.
XL FERREIRO


3/19/2012

Día de San Xosé, por Paco Martín


UN BO ARTIGO DE PACO MARTÍN EN EL PROGRESO PARA CELEBRAR O DÍA:
19/03/2012 - Paco Martín (Lugo). El Progreso. Auga Lizgaira. San Xosé
ERA UN FRADE, non sei de que orde, pequeno de estatura e máis ben delgado, cos ollos negros e moi vivos e nariz de boxeador. Nós estabamos xogando ao fútbol e el detivérase no seu paseo e quedara por tras dunha das porterías -dúas pedras no chan a seis pasos de distancia unha da outra- atendendo ao xogo con aires de entendido. Era día santo, estaba boa tarde, un dos nosos marcou daquela un gol, co que íamos gañando por dous a cero e o frade aplaudiu mentres ía meténdose no que poderiamos chamar terreo de xogo -a porción de prado da beira do río que había entre as dúas porterías- até quedar no medio e medio. Nós ollámonos uns aos outros sen sabermos moi ben que facer. Eramos nove: catro dun lado, os máis maiores, e cinco do outro. O propietario da pelota -que era tamén quen decidía cando era penalti e quen debía tiralo-- colleuna coa man, apoiouna no cadril e foise chegando a onde o home estaba, o que fixo que todos acabaramos, expectantes, arredor del. O frade pediu o balón, deulle un par de toques con non demasiado xeito e preguntou se o deixabamos xogar. Falaba castelán e tratábanos de vostede aínda que o máis vello de nós non pasaba dos trece anos. Quedamos agardando a ver que dicía o Suso, que na súa condición de amo da pelota era o único con capacidade para decidir en cuestión tan transcendente, pero este non abriu a boca.
O home preguntou se é que pensabamos que xa era vello para xogar canda nós. Outra vez o silencio. Insistiu preguntando se sabiamos que día era aquel. Contestamos todos ao tempo: San Xosé. «Pois ben -dixo- Sabedes cantos anos tiña San Xosé cando naceu Xesús?». Ollou ao arredor e, cun amplo sorriso, case berrou: «Noventa e nove!». A min -e supoño que tamén aos demais- veume de contado á cabeza o da fuxida a Exipto e, aínda que non era quen de calculalo cun mínimo de precisión, imaxinaba a enorme distancia que tiveron que percorrer -o home a pé-, os moitos traballos que despois houberon pasar e, tendo en conta que quen nolo dicía non era calquera, non é de estrañar que a miña simpatía polo pai putativo de Cristo acadase desde aquela as máis elevadas cotas.
A verdade é que nunca volvín a oír tal e que, se cadra, aquilo non fora senón un modo de nos convencer para que o deixásemos xogar. E deixámolo. Non era moi bo, iso é certo, mais non se lle podía negar un considerable interese, obstaculizado sempre polas saias do hábito do que non se quixo desprender. Marchou suado e alasando, pero satisfeito despois de que, con disimulo, se lle deixase meter un gol.
E, penso eu, ben o merecera.

3/15/2012

Vocacións hoxe

Resulta que o 19 era o Día do Seminario (e debe seguir) e que as vocacións levan tempo escasas. Boa viñeta a que vén hoxe no xornal De luns a venres.

3/03/2012

Misa

Por que con tanta misa como escoitou o exseminarista xxx está agora missing de misas?
Por que con tanta misa como escoitou o exseminarista xxx é agora un misántropo?
Por que con tanta misa como escoitou o exseminarista xxx é agora un misóxeno?
Por que con tanta misa como escoitou o exseminarista xxx nunca chegou a misar lendo no misal?
Por que con tanta misa como escoitou o exseminaristaxxx non sabe o que é un misacantano?
"Eu misar, misar, misei, a misa non era moita..." escribiu o padre Misil
Coa crise acúrtanse as misas?
Prohibe a igrexa concelebrar nas misas para aforrar en cregos?
Valen as misas en mp3 ou en youtube para cumprir co preceuto?
Foi Merkel que dixo iso de París ben vale unha misa?
Pódese dicir misa vestido só cunha camisa?

2/29/2012

A coresma

Alá vai o entroido e xa temos a coresma e a crise outra vez. Qué ano sería aquel que nos deron no Seminario de Lugo vacacións no entroido e logo protestaran os curas da diocese?, eles predicando sempre contra os excesos do entroido e van os seminaristas e celebran o entroido, onde se viu tal!


1/24/2012

1/20/2012

Dad al César do que es del César... 2

Un seguidor do blog envía isto para que se publique (está traducido):
REFLEXIÓNS SOBRE O IBI
Remitido por J. da parroquia B.M.M, de Madrid.
Nalgúns concellos de Madrid Esquerda Unida está a pedir á igrexa que renuncie ao privilexio da súa xención do IBI. E creo que pode ser bo aclarar á xente que é iso. Xa sabes, por se paréceche oportuno difundilo.
Nestes días levantáronse voces que solicitan que a igrexa deixe de estar exenta do pago do IBI, o imposto de bens inmobles, porque é un privilexio e porque nestes tempos de crises os concellos non se poden permitir o renunciar ao recadado por ese concepto. Quero con esta entrada aclarar algunhas cousas sobre ese suposto privilexio da Igrexa católica, facendo dúas consideracións.
 PRIMEIRA CONSIDERACIÓN
 A exención do IBI  (imposto sobre bens inmobles) non é en absoluto un privilexio especial da igrexa católica.
Por lei, están exentos de IBI:
·       Servizos públicos (Defensa, Seguridade, Educación e Servizos penais).
·       Os inmobles destinados a usos relixiosos por aplicación de Convenios coa Santa Sé, coa Federación de Entidades Relixiosas Evangélicas, coa Federación de Comunidades Israelitas e coa Comisión Islámica.
·       Pertencentes a gobernos estranxeiros ou que lles sexa de aplicación a exención por convenios internacionais.
·       Os pertencentes á Cruz Vermella.
·       Os terreos ocupados polas liñas de ferrocarrís e os edificios situados nos mesmos terreos.
·       Colexios concertados.
·       Pertencentes ao patrimonio histórico-artístico.
·       Entidades sen fins lucrativos
E non digamos as vantaxes fiscais de que gozan partidos políticos e sindicatos: Non teñen que declarar o ingresado por cotas, as subvencións, as doazóns, os rendementos das súas actividades económicas, os rendementos procedentes das rendas do seu patrimonio.
Pois xa ven:
Ninguén pide que partidos políticos e sindicatos renuncien ás súas enormes vantaxes fiscais.
Ninguén que paguen o IBI as mesquitas ou templos budistas.
Ninguén clama polo pago do IBI de embaixadas ou colexios, ou grandes palacios.
Nin esixen que o pague o exército ou as comisarías, as estacións de RENFE ou os cárceres.
Non. Nada de nada, pero que o pague a Igrexa.
  SEGUNDA CONSIDERACIÓN
  Leo que se pide o pago do IBI por parte da Igrexa porque nun momento de crise os concellos necesitan ese diñeiro. Pois se me ocorren varias cousas. Pero só me voua deter nunha delas. Esta crise está a xerar evidentemente unha gran pobreza. Que están a facer polos pobres as embaixadas, os propietarios dos grandes palacios, as mesquitas?? Que están a facer por eles os concellos? Porque a Caritas chegan cada día acoden enviadas polos seus concellos para que lles botemos unha man, xa que eles andan xustos de orzamento. Non os envían aos sindicatos nin aos partidos, ás mesquitas ou sinagogas, embaixadas ou legaciónss diplomáticas. Non. Envíanos ás parroquias.
Nesta parroquia levamos atendidas máis de 250 persoas sen traballo, das que xa conseguiron emprego máis de oitenta. Axudamos con alimentos a trinta familias ás que se enche o carro da compra dúas veces ao mes. E non é nada. Compañeiros teño que atenden a cento cincuenta familias. Pois xa ven a solución. Que o IBI o pague a Igrexa para axudar a saír da crise. Xusto á institución que máis está a facer por sacar adiante a esa xente, xusto a esa, que lle suban os impostos. E os partidos e sindicatos, tan solidarios eles, non van renunciar a algún dos seus privilexios? Ninguén vai pedir que paguen o IBI as embaixadas de USA, Rusia, Cuba ou China? Ninguén esixirá impostos ás mesquitas? E a Renfe? E á duquesa de Alba? Pois non, que pague a Igrexa. E mentres, os concellos enviándonos pobres porque eles non teñen orzamento.
Onte chegáronnos outras dúas familias derivadas desde a xunta municipal. Resulta divertido: Igrexa, que paguen vostedes o IBI, que hai que saír da crise, e de paso que me atendan a estas familias, que me quedei sen orzamento.
XA ESTÁ BEN DE CALAR!!
"O LEJÍA"
"quidquid incidit in liten"

1/15/2012

Dad al César lo que es del César y a Dios lo que es de Dios

Iso estudamos no Seminario, pero xa se ve que era no tempo dos Romanos. Hoxe "con la que está cayendo", con recortes a funcionarios, traballadores, IRPF, educación, sanidade... pero todos temos que arrimar o ombreiro para que? Para os de sempre: os banqueiros, a igrexa, os caciques...?
Se alguén dubida que é certo, pode velo aquí.