4/25/2014

O COU no Instituto

Aquí fixemos COU algúns pero por esta porta non se podía entrar, estaba prohibidísimo, entrábase pola outra porta pequena. Eran tempos nos que o alumnado non eramos máis ca tropa. Aínda así tivemos a sorte de que nos dera Lengua Don Xesús Alonso Montero para nos arrincar o pouso antigalego que nos meteran os padres no Seminario. Tamén co Director, Don Angel, aprendemos moito. Díxonos que el quería que non acabase o curso sen nos explicar os fundamentos do marxismo aínda que non era a súa ideoloxía; e tamén que nos fixaramos en Chile, se triunfaba Allende sería a primeira vez que o marxismo se impoñía sen violencia. E claro, en setembro dese ano veu o Pinochet e compañía e remataron con todo polo que (canta razón tiña o noso profe) non hai marxismo polas boas. E algúns tamén aprendemos moito latín con Don Amable Veiga, a cousa máis seria e esixente que por alí andaba.

Ningún comentario: