11/16/2017

"A invención dun deus. Xesús de Nazaret". Xulio López Valcárcel

"A invención dun deus. Xesús de Nazaret". Ese é o libro que presentou onte no Ateneo de Pontevedra Xulio López Valcárcel. Este grande poeta era dous cursos antes de nós.
Jhasusmariaijosé!!! Escribir un libro sobre Cristo, como inventado!!! Iso só o pode facer un bo poeta coma el. Se aínda houbese Inquisición pouco habían durar as orellas do don Xulio!
Seguramente que se este home seguise no redil da Igrexa e no curato había polo menos chegar a Rouco Varela ou secadra mesmo a Pontífice, que méritos intelectuais non lle faltan.
Outra actividade máis do Ateneo de Pontevedra, xa lles gustaría en Barcelona teren un "Ateneo de Pontevedra", tamén podían fichar o Carlos Fontes, pero é INTRANSFERIBLE!



4/08/2017

El diablo y el señor Blanco, Luís G. del Castillo

Unha novela curta, unha novela negra moi bonita.
Axeitadiña para exseminaristas e para a Semana Santa: os misteriosos sucesos que se producen arredor dunha igrexa madrileña. Roubos de rosarios, aparicións do demo, curas, beatas, sancristáns. Polo medio un máis ca interesante detective sen licenza que vai tentar desenguedellar os misterios (non só os do rosario).
Moi ben escrita, con ironía e humor.
Lese moi rápido e pódese aproveitar para fecelo no móbil, na tableta, no portátil... Non a perdas!!!